miércoles, 13 de abril de 2011

UNHA VISIÓN DE UNHA DAS MAIORES CATÁSTROFES DA HUMANIDADE: CHERNOBIL

O fotógrafo ferrolán César Toimil achegounos unha visión moi persoal do que alguén catalogou como " A noite do fin do mundo". A súa cámara e o seu claro discurso acercounos a esta cidade que a noite do 26 de abril de 1986 sufriu un accidente nuclear no reactor número catro da central. Desmitificou as crenzas de que a cidade está abandoada á man de Deus dende o día da catástrofe, feito supostamente recollido de forma profética nas antigas escrituras.

A charla comenzou cunha sinxela exposición basada en varios power points feitos polos alumnos que fixeron un rápido repaso do que pasou aquela noite, nos explicaron onde está Chernobyl, que elementos químicos se liberaron á atmósfera, a súa persistencia  e as reaccións químicas xeradas a consecuencia de todo isto.

Despois tomou a palabra César que nos explicou pormenorizadamente o que pasou aquella nefasta noite, como se intentou tapa-las consecuencias sin éxito, como se desvelou todo e sobre todo como se fixo frente á radiacción coa presencia dos chamados "liquidadores", heroes silenciosos que deron a súa vida para palia-las  consecuencias devastadoras do accidente.

Contounos as súas 3 viaxes a Pripiat a cidade maldita que se edificou a beira do reactor (a 3 km) para dar vivenda os trabalaldores da Central Nuclear e que só existiu 15 anos. A cidade en contra do que podemos pensar era unha cidade cun bo nivel de vida con piscina olímpica e que días despois do desatre se tiña previsto inaugurar un parque de atraccións o que non era pouco nunha cidade de 50000 habitantes. O nivel educativo era bo, e no contexto da época tódalas semanas había unha clase de evacuación en previsión de posibles ataques (estamos en pleno apoxeo da "guerra fría"). Ademais a cidade estaba dotada de hospital e outras comodidades que facían de Pripiat unha cómoda cidade dormitorio. Para facernos unha idea, César comparou Pripiat como Caranza polo estilo de altos edificios pero moito máis grande. E fora de tódolos mitos a Central estaba dotada de bos medios e de bos técnicos. Non era ningunha república bananera!

Aínda que deixou para a imaxinación a manera de face-las súas viaxes e onde pernoctou, César comentou que é posible ir e que incluso algunha axencia de viaxes planifica visitas guiadas á cidade. O peor momento foi cando inxiriu os alimentos da zona. Incluso estivo nas cercanías do reactor sempre co seu detector geiger controlando os niveles de radioactividade da zona. O perigo non se ve, non se ule pero está aí candente e nalgúns casos durante 24000 anos como o plutonio. A día de hoxe moita xente traballa  a diario na Central Nuclear desmitificando o feito de zona morta. O maior perigo que os seus ollos viron foi  a moita xente con exceso de vodka...

Tivo tempo para falar das profecias do fin do mundo, do significado da palabra chernobyl, das coincidencias... Contounos historias personales como a dun liquidador que lle enviou unha medalla que recibiron  tódolos liquidadores que deron a súa vida pola "madre Rusia" nos tempo da vella CCCP. Este liquidador, xa moi enfermo pensa que esta medalla está mellor nas mans de César, "un liquidador mais".

Non se postulou nin a favor nin en contra da enerxía nuclear, simplemente deu a súa visión dos feitos, o seu punto de vista. Agora con motivo do 25 aniversario as autoridades de Kyev o convidaron ós actos conmemorativos daquella desgracia e por suposto un recoñecemento daqueles heroes. Por último César nos pasou un vídeo do sarcófago que se está construíndo na Central Nuclear para tapar aquel que no seu día fixeron aqueles heroes anónimos que a día de hoxe se está desmoronando lentamente...,

Para documentar este feito inxertamos este vídeo polo seu gran valor testimonial:


A charla foi un completo éxito e o auditorio que enchía a sá de usos múltiples do IES Terra de Trasancos rompeu en aplausos polo amena da charla, esperando a súa volta de Kyev para que nun futuro nos conte as súas andanzas unha vez máis na cidade maldita de Pripiat e na Central Nuclear de Chernobyl.

Esta charla está incluída dentro das actividades da "Semana Verde" do IES Terra de Trasancos.

Narón 11 de abril de 2011

Alfredo Fernández

No hay comentarios:

Publicar un comentario