viernes, 15 de abril de 2011

REUNION CON SODePAZ

O pasado mércores 13 de abril tivemos no IES Terra de Trasancos a oportunidade de celebrar unha fructífera reunión coa asociación de carácter solidario SODEPAZ. Esta organización que naceu hai xa unhas décadas (no ano 1987), leva a cabo unha esforzada labor en diversos campos como son a cooperación ó desenvolvemento en paises empobrecidos, o fomento dunha conciencia crítica nos cidadáns do primeiro mundo (mediante a elaboración de programas e materiais dirixidos á sensibilización da sociedade acerca da inxusta realidade na que vivimos), a organización de viaxes solidarios, turismo responsable e brigadas de traballo voluntario (en Palestina, Cuba, Ecuador, Bolivia, México., etc..).

O motivo do noso especial interés en entrevistarnos con SODEPAZ xurde da necesidade de enfocar da mellor maneira posible as tarefas do grupo de traballo solidario que hai poco que botou a andar no noso centro.

Alain Helies e Federica Carraro
No encontro participaron dous membros da asociación, a italiana Federica Carraro e o francés Alain Helies, que grazas a súa experiencia no campo da solidariedade fixeron valiosísimas observacións ás nosas propostas. Aconselláronos non perder de vista o feito de que a nosa labor profesional realízase nun centro educativo, de xeito que os nosos esforzos deben encamiñarse en todo momento a "Educar para a Solidariedade", imbuindo no noso alumnado unha forte sensibilidade crítica e xusta sen caer nos eternos tópicos (nos que os mesmos adultos incurrimos continuamente) de confudir solidariedade con caridade, seguindo a equivocada máxima de "o que a min me sobra pode axudar ós menos favorecidos".

Xustamente é esta a trampa que debemos evitar, o erro de considerar as persoas que viven en situacións críticas e desfavorables "cidadáns de segunda" que poden vivir dignamente con aquilo que nos rexeitamos.

Así, os profesores participantes decidimos darlle menos importancia á recolleita de obxectos (libros, material educativo...) ou fondos económicos para enviar a países en vias de desenvolvemento e centrarnos máis na programación de actividades que fomenten a conciencia solidaria dos rapaces.

momento da xuntanza

 Para isto SODEPAZ ofreceunos unha inxente cantidade de material de traballo como é o caso da revista de publicación propia "Cuadernos" de África e América latina, o "Diario" fruto das súas experiencias nas viaxes solidarias a Palestina, a colección de DVDs "Cine con obxectivos" acompañados de textos para analizar os contenidos a tratar na aula e textos editados por eles mesmos acerca de temas de actualidade como as enerxías renovables, a agricultura ecolóxica, o comercio xusto...etc.

Tamén mencionaron a posibilidade de implantar no IES Terra de Trasancos un proxecto que xa está funcionando noutros centros educativos do noso país. Trátase de levar a cabo actividades que permitan abordar nas aulas,co máximo rigor a complexa problemática palestina. SODEPAZ ofrece a posibilidade de formar previamente ó profesorado e de proporcionar ós institutos o material necesario para tratar con rigor este tema cos cativos, despois do cal estableceríase unha rede de posta en común das experiencias dos centros participantes.

Esperando que todas estas iniciativas se materialicen o antes posible nos despedimos do blog prometendo informar dos nosos progresos nesta materia pendente que é a solidariedade.

Eva Santaolalla

No hay comentarios:

Publicar un comentario