viernes, 10 de junio de 2011

ACHEGÁNDONOS A GUATEMALA

No grupo de traballo do  pasado xoves, 5 de maio, contamos coa visita de Jesús Álvarez Piñón,  máis coñecido como Suso, sacerdote naronés destinado nunha parroquia de Cervo (Lugo).

Suso leva varios anos viaxando a Guatemala, onde coordina varios proxectos de cooperación destinados fundamentalmente á muller e á infancia mediante :
-         Bolsas de estudos para mulleres
-         Escolarización infantil
-         Talleres de explotación de recursos propios: taller téxtil,  de bambú,  de repostería local,  de saúde natural…
-         Escola infantil de estimulación temprana
-         Comercio xusto

Despois de case tres horas de conversa sobre a súa experiencia e, en xeral, sobre a situación do país, deixounos unha mostra fotográfica do seu compromiso e animounos a viaxar a Guatemala para unha primeira aproximación á sua realidade.


Tamén nos prometeu unha nova visita, para profes e alumnos, o próximo curso, para falarnos da súa próxima viaxe este mes de xuño. Mentres, estade atentos ás actividades que vaiamos presentando no centro para coñecer e colaborar co pobop de Guatemala.

 Algúns enlaces de interese :