miércoles, 23 de marzo de 2011

INTRODUCIÓN

Presentamos este blog como un espazo no que profesores e alumnos do IES Terra de Trasancos queremos compartir o noso compromiso solidario co resto da sociedade.

Nel publicaremos tódalas actividades que vaiamos facendo, tanto dentro coma fóra do centro e que supoñan unha educación en valores como a igualdade, a paz, a cooperación, o desenvolvemento sostible, etc.

Agradecemos a colaboración de toda a comunidade escolar, e tamén extraescolar, para enriquecer este espazo cos vosos comentarios, suxestións, reflexións, críticas…

Para facelo, só tedes que envialos ao enderezo :

No hay comentarios:

Publicar un comentario