No grupo de traballo do pasado xoves, 5 de maio, contamos coa visita de Jesús Álvarez Piñón, máis coñecido como Suso, sacerdote naronés destinado nunha parroquia de Cervo (Lugo).
Suso leva varios anos viaxando a Guatemala, onde coordina varios proxectos de cooperación destinados fundamentalmente á muller e á infancia mediante :
- Bolsas de estudos para mulleres
- Escolarización infantil
- Talleres de explotación de recursos propios: taller téxtil, de bambú, de repostería local, de saúde natural…
- Escola infantil de estimulación temprana
- Comercio xusto
Despois de case tres horas de conversa sobre a súa experiencia e, en xeral, sobre a situación do país, deixounos unha mostra fotográfica do seu compromiso e animounos a viaxar a Guatemala para unha primeira aproximación á sua realidade.
Tamén nos prometeu unha nova visita, para profes e alumnos, o próximo curso, para falarnos da súa próxima viaxe este mes de xuño. Mentres, estade atentos ás actividades que vaiamos presentando no centro para coñecer e colaborar co pobop de Guatemala.
Algúns enlaces de interese :